Escorras fluíndo cara a un desaugadoiro.

En hidroloxía, as escorras son a lámina de auga que circula sobre a superficie nunha conca de drenaxe, é dicir a altura en milímetros da auga de choiva escorrida e estendida.

Características

Normalmente considérase que as escorras son o resultado de restarlle á precipitación a evapotranspiración real e a infiltración do sistema solo-cobertura vexetal. Segundo a teoría de Horton, as escorras fórmanse cando as precipitacións superan a capacidade de infiltración do solo. Isto só é aplicable en solos de zonas áridas e de precipitacións torrenciais. Esta deficiencia corríxese coa teoría da saturación, aplicable a solos de zonas de pluviosidade elevada e constante. Segundo a devandita teoría, as escorras fórmanse cando os compartimentos do solo están saturados de auga.

As escorras superficiais son unha das principais causas de erosión a nivel mundial. Adoitan ser particularmente daniñas en solos pouco permeables, como os arxilosos, e en zonas cunha cuberta vexetal escasa.

Véxase tamén

Outros artigos