Informatics Educational Institutions & Programs
Contidos
Carl Ferdinand Braun | |
Nome orixinal | (de) Karl Ferdinand Braun |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de xuño de 1850 Fulda (Confederación Xermánica) |
Morte | 20 de abril de 1918 (67 anos) Estados Unidos Nova York |
Lugar de sepultura | Alter Dompfarrlicher Friedhof (en) |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Residencia | Alemaña |
País de nacionalidade | alemán |
Educación | Universidade de Marburgo, Universidade de Berlín |
Director de tese | August Kundt (pt) e Georg Hermann Quincke (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | electromagnetismo |
Lugar de traballo | Tubinga Marburgo |
Ocupación | físico , inventor , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Tubinga Universidade de Karlsruhe (pt) Universidade Philipps de Marburgo Universidade de Würzburg |
Membro de | |
Alumnos | Leonid Mandelstam (pt) e Jonathan Zenneck (pt) |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Doutorando | Leonid Mandelstam (pt) , Richard Gans (pt) , Godfrey Thomson (pt) , Godfrey Thomson (pt) e Alois Wuest (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Amélie Bühler |
Irmáns | Philipp Braun (pt) e Wunibald Braun (en) |
Premios | |
Premio Nobel de Física en 1909 | |
Lista
|
Karl Ferdinand Braun, nado en Fulda, Alemaña, o 6 de xuño de 1850 e finado en Nova York o 20 de abril de 1918, foi un físico, inventor e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1909.
Traxectoria
Estudou na Universidade de Marburgo e doutorouse en 1872 pola Universidade de Berlín. Foi profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tubinga. Chegou a ser director do Instituto de Física da Universidade de Estrasburgo en 1895.
Investigacións científicas
En 1874, Braun observou que certos cristais semicondutores actuaban como rectificadores, convertendo a corrente alterna en continua, permitindo o paso da corrente nunha soa dirección. Debido a este descubrimento, inventou o receptor de radio de transistores a finais do século XIX.
En 1897 construíu o primeiro tubo de raios catódicos que utilizou para desenvolver o primeiro osciloscopio adaptando os raios catódicos, de tal de maneira que o chorro de electróns do tubo se dirixa cara a unha pantalla fluorescente por medio de campos magnéticos xerados pola corrente alterna. Desde 1898 tamén traballou na telegrafía sen fíos, inventando o rectificador de cristal. Guglielmo Marconi admitiu tomar prestada" a patente de Braun.
En 1909 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Marconi, polas súas contribucións ao desenvolvemento da telegrafía sen fíos e especialmente polas melloras técnicas introducidas no sistema de transmisión (circuítos resonantes magnéticamente axustados).
Braun foi aos Estados Unidos ao comezo da primeira guerra mundial para axudar a defender a estación alemá de telegrafía sen fíos de Sayville dos ataques da British Marconi Corporation. Morreu na súa casa de Brooklyn antes do final da guerra en 1918.