Infotaula de personaJosiah Willard Gibbs

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1839 Editar o valor em Wikidata
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1903 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGrove Street Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónYale College (en) Traducir
Universidade Yale
Hopkins School (en) Traducir
Yale School of Engineering & Applied Science (en) Traducir
Universidade de Heidelberg
Sheffield Scientific School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseHubert Anson Newton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnálise matemática Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , físico teórico , enxeñeiro , profesor universitario , físico , químico , thermodynamicist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society
Academia de Ciências da Baviera (pt) Traducir
Academia Real das Artes e Ciências dos Países Baixos (pt) Traducir
Academia Prusiana das Ciencias
Academia de Ciências de Göttingen (pt) Traducir
Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos
Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos Editar o valor em Wikidata
Influencias
Rudolf Clausius e François Massieu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoEdwin Bidwell Wilson (pt) Traducir, Irving Fisher (pt) Traducir, Henry Andrews Bumstead (pt) Traducir, Lynde Wheeler (pt) Traducir e Lee De Forest Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
  • Biblioteca Beinecke de livros e manuscritos raros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor
PaiJosiah Willard Gibbs Sr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
  • (1901)  Medalla Copley
  • (4 de marzo de 1897)  Membro estranxeiro da Royal Society
  • (1880)  Prêmio Rumford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Gibbs-4064 Find a Grave: 18663052 Editar o valor em Wikidata

Josiah Willard Gibbs, nado en New Haven o 11 de febreiro de 1839 e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1903, foi un científico estadounidense que fixo importantes contribucións teóricas na física, a química e as matemáticas. A súa aplicación da termodinámica foi decisiva na transformación da físicoquímica nunha ciencia indutiva rigorosa. Xunto con James Clerk Maxwell e Ludwig Boltzmann, creou a mecánica estatística (expresión que el cuñou), explicando as leis da termodinámica como consecuencia das propiedades estatísticas dos conxuntos de estados posibles dun sistema físico composto por moitas partículas. Gibbs tamén traballou na aplicación das ecuacións de Maxwell aos problemas da óptica física. Como matemático, inventou o moderno cálculo vectorial, de forma independente do científico británico Oliver Heaviside.

En 1863, a Universidade Yale outorgoulle a Gibbs o primeiro título de doutoramento estadounidense en enxeñaría. Tras unha estadía de tres anos en Europa, Gibbs pasou o resto da súa carreira en Yale, onde foi profesor de física matemática dende 1871 ata a súa morte. Traballando en relativo illamento, converteuse no primeiro científico teórico dos Estados Unidos que gañou reputación internacional e foi eloxiado por Albert Einstein como "a mente máis grande na historia dos Estados Unidos".[1] En 1901, Gibbs recibiu o que nese tempo se consideraba o maior honor da comunidade científica internacional, a medalla Copley da Royal Society de Londres,[1] "polas súas contribucións á física matemática".[2]

Comentaristas e biógrafos remarcaron o contraste entre a vida tranquila e solitaria de Gibbs e o grande impacto internacional das súas ideas. Aínda que o seu traballo foi completamente teórico, o valor práctico das contribucións de Gibbs foron evidentes co desenvolvemento da química industrial durante a primeira metade do século XX. Segundo Robert A. Millikan, na ciencia pura, Gibbs "fixo pola mecánica estatística e a termodinámica o que Laplace fixo pola mecánica celeste e Maxwell pola electrodinámica, concretamente, converteu o seu campo nunha estrutura teórica case finalizada".[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 "J. Willard Gibbs". Physics History. American Physical Society. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  2. "Copley Medal". Premier Awards. Royal Society. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  3. Millikan, Robert A. (1938). "Biographical Memoir of Albert Abraham Michelson, 1852–1931" (PDF). Biographical Memoirs of the National Academy of Sciences of the United States of America 19 (4): 121–146. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas