Informatics Educational Institutions & Programs
Contidos
Nome orixinal | (ja) 南部 陽一郎 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de xaneiro de 1921 Toquio, Xapón |
Morte | 5 de xullo de 2015 (94 anos) Toyonaka, Xapón |
Causa da morte | Morte natural (Infarto agudo de miocardio ) |
Datos persoais | |
Residencia | Estados Unidos e o Xapón |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Toquio |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico teórico , físico , catedrático , investigador |
Empregador | Universidade de Chicago Universidade Ritsumeikan Osaka City University (en) Universidade de Toquio |
Membro de | |
Alumnos | Bindu A. Bambah (en) |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obra | |
Doutorando | Savas Dimopoulos (en) e Ramon Brewster Hoff (en) |
Premios | |
Premio Nobel de Física (2008) | |
Lista
|
Yoichiro Nambu (南部 陽一郎 Nanbu Yōichirō?), nado en Toquio o 18 de xaneiro de 1921 e falecido en Osaca o 5 de xullo de 2015, foi un físico estadounidense de orixe xaponesa.
Traxectoria
É famoso por ter proposto a "cor de carga" da cromodinámica cuántica, por ter realizado traballos en principios de ruptura espontánea de simetría electrodébil na física de partículas, e por ter descuberto que o modelo de dobre resonancia podería explicarse coa teoría de cordas da mecánica cuántica, sendo ademais, canda Holger Bech Nielsen, John H. Schwarz e Leonard Susskind, un dos fundadores desta teoría. Foi recoñecido con numerosos premios e honras tales como o Premio Nobel de Física, Premio J. Robert Oppenheimer, a Medalla Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, Orde de Cultura do Xapón, a Medalla Max Planck, o Premio Wolf, a Medalla Franklin, a Medalla Dirac ou o Premio Sakurai.
Nambu converteuse inicialmente en profesor de física da Universidade de Osaka en 1950. Tamén foi profesor emérito da Universidade de Chicago.
A Acción Nambu-Goto da teoría de cordas recibe ese nome na honra de Nambu e de Tetsuo Goto. Por outra parte, os bosóns sen masa planteanse na teoría de campos con ruptura espontánea de simetría e denomínanse ás veces bosons Nambu-Goldstone.
O 7 de outubro de 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus descubrimentos en física subatómica, xunto cos xaponeses Makoto Kobayashi e Toshihide Maskawa.[1][2]
Notas
- ↑ "Nobel para tres exploradores de la materia subatómica". El País (en castelán). 2008-10-07. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-03-01.
- ↑ La Jornada, ed. (7 de outubro de 2008). "Nobel de Física a investigadores de la “ruptura espontánea de la simetría”" (en español). Consultado o 19 de decembro de 2011.